11/08/2025
✅️️📊 Análise dos datos da Oficina de Turismo de Vilalba 📋👇 A concelleira Maria Xose Fernandez informa da análise da procedencia dos visitantes, na súa condición ou non de peregrinos, así como na decisión de pernoctar no noso municipio.
ℹ️ Os datos foron obtidos de enquisas realizadas aos/ás turistas e peregrinos que acudiron a dita oficina a pedir algún tipo de información turística ou selaron a súa credencial do Camiño de Santiago, e reflicten o período comprendido entre o 01/07/25 e o 31/07/25.
✅️ INFORMACIÓN TURÍSTICA EN NÚMEROS 👇
ℹ️ Durante o mes de xullo, a Oficina Municipal de Turismo de Vilalba continuou coa súa laboura de promoción e atención ao visitante, consolidando o municipio como un destino destacado na comarca da Terra Chá. Grazas á súa ubicación estratéxica, á riqueza patrimonial e á vinculación co Camiño do Norte, Vilalba recibiu unha afluencia constante de turistas nacionais e internacionais, ascendendo o número de visitantes a 542.
ℹ️ Neste notable movemento turístico debemos dicir que 420 son de orixe nacional, o que corresponde a un 77%, e por outraparte, 122 son de orixe extranxeira correspondendo esto a un 23%.
ℹ️ Ademáis, este mes de xullo, Vilalba acolleu a un grupo moi especial de peregrinos:un cento de mozos e mozas de entre 16 e 18 anos, procedentes de diferentes puntos de España, que estiveron a realizar o Camiño de Santiago e que, ao mesmo tempo, formaban parte de grupos pertencentes a distintos campamentos de verán.
Esta diversidade xeográfica e organizativa enriquecía a experiencia, favorecendo o intercambio cultural e a convivencia entre mozos e mozas dedistintas comunidades. A súa chegada á vila foi un momento cheo de entusiasmoe enerxía, reflectindo o espírito de aventura, compañeirismo e descubrimento.
Estes rapaces e rapazas, organizados en dúas etapas e acompañados por 12 monitores, tiveron a oportunidade de coñecer o patrimonio local de Vilalba edespois descansar nas instalacións municipais.
ℹ️ Nas seguintes pódense ver a procedencia dos diferentes visitantes a excepción do grupo de rapaces mencionados anteriormente, xa que como indicamos viñan formando un gran grupo prodecentes de campamentos de toda España:
ℹ️ Dos visitantes rexistrados, o 59% identificáronse como peregrinos, o que subliña a relevancia do destino como punto de referencia espiritual e TURISTA PEREGRINO relixioso. Mencionar que moitos peregrinos sinalan que o albergue público está moi afastado do centroda vila, por este motivo, moitos optan por alternativas máis céntricas, aínda que sexan de carácter privado.
ℹ️ De feito, dos numerosos peregrinos que pasaron pola oficina (321 persoas), só 4 persoas decidiron pernoctar no albergue público.
ℹ️ Ademáis da localización, os peregrinos botan en falta outros reclamos queenriquecen a experiencia, como a misa do peregrino, que moitos consideran unmomento espiritual importante, ou o menú do peregrino, unha opción accesible epensada para as súas necesidades tras unha longa xornada.
ℹ️ Ademais, o 71% dos visitantes pernoctaron, o que supón un importante impacto económico positivo nos sectores de aloxamento, gastronomía e comercio local.
ℹ️ Outro dato destacable é que dos 206 grupos que participaron en actividades deperegrinación ou turismo na rexión durante o mes de xullo, só 7 inclúen algúntipo de animal, o que indica que levar animais neste tipo de viaxes é unha prácticamoi pouco habitual. Algúns destes grupos comenta que é complicado atoparaloxamentos onde pernoctar con mascota, o que supón unha dificultade engadidaá organización da viaxe.
ℹ️ Recordar que os datos correspondentes ó mes de xuño refírense unicamente ásegunda quincena, xa que a oficina abriu esta tempada o pasado 16 de xuño. Apartir desa data comezouse a rexistrar a información de visitantes e peregrinos.
Esta aclaración é importante para interpretar correctamente os resultados, xa que non se dispoñen de datos da primeira metade do mes.
ℹ️ A medida que avance a tempada, poderemos contar cun rexistro máis completo e representativo.
ℹ️ Para rematar a estatística do mes de xullo comentar que a semana pasada, máis concretamente, o martes 22, recibimos á visita número 200 (Foto).
Tratábase dunmatrimonio de Valladolid que pasou unha semana de vacacións en Foz. O día que regresaban para a casa decidiron facer unha parada para coñecer a nosa vila… e que acerto!
Como recordo da súa visita, leváronse de agasallo unha mochila, unbolígrafo e un multiusos, uns detalles que simbolizan o noso agradecemento e a ledicia de compartir este lugar con quen nos visita.
🤗 Agora, con moita ilusión, agardamos chegar pronto á visita número 400. Cada persoa que se achega é parte desta historia que seguimos escribindo día a día.
#TurismoVilalba #ConcelleríaDeTurismo #Vilalba #Vicealcaldía
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies