11/08/2025
✅ O persoal da Brigada de Obras e Servizos Municipais, baixo a xestión da Alcaldía e a concellería de Servizos, traballa cada día no acondicionamento do noso concello, dando resposta ás demandas veciñais.
🛠️ A semana pasada realizáronse entre outras actuacións:
👉 Retirada dos stands da Feira Intercultural.
👉 Acondicionamento da pista de voleibol da Madalena.
👉 Tarefas de desbroce e acondicionamento de viais e zonas recreativas, entre elas: Contorna do muiño do Rañego e paseo fluvial, vial dende os Freires ata a Grandisca, accesos e campos da festa en Lanzós, Gondaisque e San Lorenzo de Árbol.
👉 Traballos de recorte da vexetación nas rúas do Calvario, Galicia, Basanta Silva e Alcalde Fraga Bello.
👉 Poda, recorte de árbores e acondicionamento de xardíns e parterres na travesía dos Castros.
👉 Acondicionamento das zonas verdes do CEIP Mato Vizoso.
👉 Recorte de árbores da praza de Suso Gayoso, rúa de Xermade, travesía de San Roque e rúa de Galicia.
👉 Regado de xardiñeiras en varios puntos da vila.
👉 Acondicionamento dos alcorques.
👉 Rebacheo na rúa de Castelao.
👉 Rebaixe de bordillos.
👉 Arranxos varios en beirarrúas e áreas recreativas.
👉 Montaxe de estanterías no arquivo municipal.
👉 Arranxos varios provocados por actos de vandalismo, como os das fontes da área recreativa da Madalena.
👉 Reposición de puntos de luz e arranxos varios na rede de alumeado municipal.
👉 Colocación de farolas na praza da Constitución.
👉 Solución de incidencias comunicadas a través da App Línea Verde.
Grazas!
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies