13/08/2025
🎶 Do pobo para o pobo.
Así naceu o Venres da Xira, cando un grupo de amigos comezou a xuntarse nos casetos, montando incluso un só para o evento e falando coas cantinas para conseguir medios.
Pouco a pouco, medrou e gañou aceptación ata converterse no que é hoxe: a apertura das Festas de San Ramón e Santa María.
💬 “O ano pasado xuntamos arredor de 800 persoas na explanada da Madalena. Este ano, coa colaboración do Concello, damos un paso máis para que o evento perdure no tempo, sen perder a nosa esencia: facer un evento aberto, que pon en valor o talento local e demostra que con esforzo e paixón pódese levar a música da túa habitación a un escenario diante de centos de persoas”, aseguran Adrián Martinez, Brais Trinidad, Cristina Vázquez e David García.
📅 Venres 22 de agosto | 📍 Explanada da Madalena
🕘 Desde as 21:00 h: Decrux B2B Bristradd, El Chocolay e Jorgito + Talent, Cris V, David García e peche con Decrux B2B Bristradd.
🙏 “Grazas a toda a xente que nos apoia dende o primeiro día e a quen se vai sumando. Sen vós, isto non sería posible”.
📢 Vémonos no #VenresDaXira 🎉
#cultura #festaspatronais #xira #concellodevilalba
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies