14/08/2025
💡 A Praza da Constitución estrea iluminación!
✅ A Concellería de Infraestruturas Urbanas vén de completar a segunda fase da renovación integral do alumeado da Praza da Constitución, coa instalación de 22 novas columnas e 17 farois de parede LED.
🔙 Esta actuación súmase á realizada a comezos de ano, cando se substituíron 12 farois no mesmo espazo, completando así a renovación total da súa iluminación.
⚡ O cambio mellora a visibilidade e a estética da praza e supón un aforro do 40% no consumo eléctrico, apostando por un uso máis responsable dos recursos.
🗣️ A alcaldesa, Marta Rouco, destaca que “este tipo de actuacións demostran que é posible mellorar os espazos públicos ao tempo que optimizamos o seu mantemento e reducimos gastos”.
#alcaldia #infraestruturasurbanas #iluminacion #prazaconstitucion #concellodevilalba
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies