Noticias e alertas

🛍 As Concelleiras Maria Xose Fernandez, Mónica González e o Vicealcalde Modesto Renda Santiso presentaron cos representantes dos...

14/08/2025

🛍 As Concelleiras Maria Xose Fernandez, Mónica González e o Vicealcalde Modesto Renda Santiso presentaron cos representantes dos Empresarios Vilalba unha nova edición da iniciativa "Comercio na Rúa".



📆 Unha cita moi consolidada no noso calendario comercial, que nesta edición celebrarase do 18 ao 24 de agosto de 2025.



🌳 Durante estes días, os comercios participantes sacarán á rúa as súas pezas e produtos, ofrecendo a veciños e visitantes a oportunidade de gozar das súas compras nun ambiente diferente, próximo e dinámico.



ℹ️ Así, como incentivo para o público, sortearanse catro #vales de compra de 50 euros entre todas as compras realizadas nesa semana e as #papeletas para participar neste sorteo serán entregadas nos establecementos adheridos á campaña.



🤗💚 Esta iniciativa, forma parte do calendario de #campañas de dinamización comercial que se desenvolve entre novembro de 2024 e outubro de 2025 e en setembro chegarán dúas campañas moi interesantes: o Desfile de Moda e maila campaña de volta ao Cole, ambas as cargadas de sorpresas para o público..



🤗 É por isto que convídamos a toda a cidadanía e visitantes a achegarse a Vilalba nas datas, previas ás festas de San Ramón e Santa María para tamén mercar no “Comercio na rúa” e apoiar ás tendas locais.



#ConcelleríaDeComercio #Vicealcaldía #ComercioLocal #Vilalba



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies