19/08/2025
✅ O persoal da Brigada de Obras e Servizos Municipais, baixo a xestión da Alcaldía e a concellería de Servizos, traballa cada día no acondicionamento do noso concello, dando resposta ás demandas veciñais.
🛠️ A semana pasada realizáronse entre outras actuacións:
👉 Limpeza e reparación de elementos varios no Paseo Fluvial.
👉 Limpeza e desatasco de arquetas de pluviais en diversas rúas: De Betanzos, Quart de Poblet, Porta de Cima,…
👉 Finalización da colocación de farois na Praza da Constitución.
👉 Reparación dun difusor na Praza de Suso Gayoso.
👉 Arranxo de sinais na rúa da Pravia.
👉 Retirada de pólas da rúa do Calvario.
👉 Acondicionamento de varios espazos para a celebración da Xira.
👉 Desbroces de espazos e viais propios para a celebración de festas parroquiais: Torre, San Simón da Costa, Ínsua.
👉 Desbroce do paseo Fluvial e das súas zonas de influencia.
👉 Traslado de expositores para a celebración da Malla de San Xoán de Alba
👉 Colocación de mobiliario na travesía dos Castros.
👉 Arranxo de canaletas en vía peonil.
👉 Recollida de acopios de pilas para o punto limpo.
👉 Colocación dunha soleira en Pita da Veiga.
👉 Arranxos varios e reposición de elementos no sistema eléctrico municipal.
👉 Traballos diversos derivadas das incidencias comunicadas a través das APP Línea Verde
💚 Grazas!
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies