Noticias e alertas

📚✨ O LI Certame Literario do Concello de Vilalba xa ten gañadora: Patricia Torrado Queiruga, coa obra “Nakba” presentad...

22/08/2025

📚✨ O LI Certame Literario do Concello de Vilalba xa ten gañadora: Patricia Torrado Queiruga, coa obra “Nakba” presentada baixo o lema “Coma quen lambe a ferida”.
👩‍💼 A alcaldesa, Marta Rouco, visitou ao xurado antes da deliberación e entregoulles un detalle en nome do Concello e da concelleira de Cultura, Mónica González, quen non puido asistir por motivos laborais.
🔹 Licenciada en Filosofía, museóloga e experta en conservación e restauración do patrimonio, a sonense Patricia conta cunha ampla traxectoria recoñecida en diferentes certames, entre eles o Manuel Murguía de narracións breves, o Certame de poesía Torre de Caldaloba ou o Concurso de Poesía Albariza.
👏 Dende o Concello de Vilalba queremos darlle a noraboa e agradecer tamén o labor do xurado desta edición.
#alcaldia #cultura #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies