Noticias e alertas

✅ O persoal da Brigada de Obras e Servizos Municipais, baixo a xestión da Alcaldía e a concellería de Servizos, traballa...

26/08/2025

✅ O persoal da Brigada de Obras e Servizos Municipais, baixo a xestión da Alcaldía e a concellería de Servizos, traballa cada día no acondicionamento do noso concello, dando resposta ás demandas veciñais.
🛠️ A semana pasada realizáronse entre outras actuacións:
👉 Desbroces varios: festas de Corvelle e Insua; colexios Insúa Bermúdez e escola infantil; Contorna da Galiña Azul, cemiterio municipal e da Fonte Pouca: rúas do Acibro, Lameirón e contorna de espazos varios da área recreativa da Madalena.
👉 Recollida dos expositores da festa da malla en Alba.
👉 Reposición de sinal en Goiriz.
👉 Colocación de sinais informativas na área recreativa da Madalena.
👉 Retirada de restos vexetais en diversas vías de comunicación.
👉 Limpeza da Charca do Alligal.
👉 Preparativos diversos para a celebración da Xira.
👉 Reparacións e acondicionamentos varios en espazos naturais e istalacións deportivas: paseo fluvial, pavillón municipal e campo de fútbol de herba artificial.
👉 Limpeza de calexas e rexistros de pluviais nas prazas do Coronel Pena e Suso Gayoso.
👉 Traballos varios no alumeado municipal.
👉 Traballos varios relacionados coas incidencias comunicadas a través da App Línea Verde.
💚 Grazas!
#alcaldia #servizosmunicipais #brigadaobras #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies