Noticias e alertas

📣 A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira de Infancia e Xuventude, Paula Vigo, presentaron hoxe xunto a Roberto Cabez...

27/08/2025

📣 A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira de Infancia e Xuventude, Paula Vigo, presentaron hoxe xunto a Roberto Cabezas e Javier Gato, do Grupo Entrepinares, a programación dos Días Infantís das Festas de San Ramón e Santa María.
👧🧒 Celebraranse o martes 2 e o mércores 3 de setembro con inchables, simuladores, nerf battle arena, rockomonte e shotter gallery, ademais dunha merenda gratuíta con snacks de queixo da man de @queseriasentrepinares
🎶 Como novidade deste ano, o martes 2 de setembro gozaremos do concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona ás 20:00 na Praza de Santa María.
🫧 E o mércores 3 pecharemos os días infantís coa tradicional festa da escuma, supeditada ás condicións meteorolóxicas.
🤝 Estas xornadas son posibles grazas ao acordo de colaboración entre o Concello e o Grupo Entrepinares, que tamén inclúe outras actividades de Samaín e Nadal.
👉 Unha oportunidade perfecta para que a infancia sexa protagonista das nosas festas patronais!
#alcaldia #infanciaexuventude #diasinfantis #grupoentrepinares #festassanramon2025 #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies