✅ O persoal da Brigada de Obras e Servizos Municipais, baixo a xestión da Alcaldía e a concellería de Servizos, traballa cada día no acondicionamento do noso concello, dando resposta ás demandas veciñais.
⚒️ A semana pasada realizáronse entre outras actuacións:
👉 Traballos de poda e acondicionamento de árbores na rúa das Pedreiras; CEIP Moreda, e a parroquia de Corbelle.
👉 Arranxos no paseo fluvial de Vilalba.
👉 Tarefas de reparación e acondicionamento de infraestruturas e mobiliario municipal na rúa Nova; praza de Santa María; praza de San Xoán; cemiterio municipal; rúa de Betanzos, escola infantil municipal e Galiña Azul.
👉 Preparativos varios para os eventos e celebracións das pasadas festas patronais.
👉 Traballos de xardiñería no barrio de Guadalupe; contorna das Fontiñas e San Roque; prazas de Suso Gayoso e do Coronel Pena, parque de Rosalía de Castro, etc.
👉 Desbroces: Travesía da Terra Chá; Estadio da Madalena; CEIP de Moreda e Terra Chá; campos da festa de Román e Soeixo; rúa Conde Pallares; Quart de Poblet; rúa da Feira; rúa da Pedra, e Paseo dos Condes.
👉 Arranxos nos parques infantís e áreas recreativas.
👉 Retirada de polas e árbores en vías de comunicación.
👉 Colocación e reposición de sinais para a regulación do tráfico.
👉 Reparación e substitución de elementos de iluminación na rede eléctrica municipal.
👉 Solucionar incidencias comunicadas a través da Línea Verde.
👍 Grazas!