Noticias e alertas

📸 Clausura do obradoiro de emprego ‘Terra Chá no Camiño’ 📍 A Casa da Cultura acolleu esta mañá á clausura da quinta ed...

12/09/2025

📸 Clausura do obradoiro de emprego ‘Terra Chá no Camiño’
📍 A Casa da Cultura acolleu esta mañá á clausura da quinta edición do obradoiro de emprego ‘Terra Chá no Camiño’, organizado de forma conxunta polos concellos de Vilalba e Abadín.
✅ “Con este tipo de obradoiros melloramos a inserción laboral dos participantes, que obteñen a cualificación necesaria para optar a postos de traballo. Aínda que os concellos non temos competencias directas en materia de emprego, temos que facer todo o posible para axudar á nosa veciñanza”, asegurou Marta Rouco, alcaldesa de Vilalba.
✅ Os alumnos e alumnas participantes recibiron formación teórica e práctica en dúas especialidades diferentes: ‘Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos’ e ‘Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes’.
👏 “Parabéns ao alumnado polo seu esforzo e dedicación nestes meses, agardo que a formación lles facilite a súa entrada no mercado laboral”, engadiu a alcaldesa.
#alcaldía #vilalba #formación #emprego

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies