Noticias y alertas

✅ O Concello de Vilalba concede máis de 120 axudas a familias para a compra de material escolar 👉 Destínanse ao alumnad...

15/09/2025

✅ O Concello de Vilalba concede máis de 120 axudas a familias para a compra de material escolar
👉 Destínanse ao alumnado de Educación Infantil (3 a 6 anos)
⏳ O prazo para xustificar as axudas remata o 1 de outubro
✍️ A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, vén de informar da resolución das axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado de Educación Infantil, das que se beneficiarán nesta ocasión 121 familias vilalbesas.
Supoñen un investimento de 9.900 euros con cargo ás arcas municipais.
📌 "Sigue medrando con respecto ao ano anterior o número de familias de Vilalba que se benefician destas axudas”, asegura a alcaldesa, que explica que se trata “dunhas axudas que xurdiron para cubrir os gastos de material escolar dunha franxa de idade que non conta con achegas de ningunha outra administración”.
A contía de ditas axudas divídese en dous tramos, 75 ou 100 euros, dependendo da renda per cápita das familias solicitantes, e o prazo para xustificalas remata o 1 de outubro.
“As familias poderán investir estas axudas na compra tanto de libros de texto como de calquera outro material escolar, incluídos por exemplo os mandilóns; o que deben lembrar é que teñen que xustificar os gastos sempre mediante factura”, engade Marta Rouco.
🖇️ Listado de beneficiarios/as no taboleiro de anuncios do Concello de Vilalba: https://vilalba.sedelectronica.es/board
#alcaldía #vilalba

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies