📌 Período voluntario de pago do IBI e o IAE
👉 O servizo de xestión, recadación e inspección tributaria da Deputación de Lugo vén de informar da apertura do prazo de ingreso en período voluntario do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) e o Imposto sobre Actividades Económicas (IAE)
👀 O prazo remata o 17 de novembro
✍️ O ingreso pode realizarse en calquera oficina de Abanca, Caixabank, BBVA, Banco Sabadell ou Caixa Rural, onde se presentará o documento de ingreso que se envía, por correo, aos domicilios dos contribuíntes
💻 Ademais, estarán habilitadas como vías de pago a Sede Electrónica da Deputación de Lugo e as oficinas de Correos, onde se poderá pagar mediante xuro postal
👉 Para anos vindeiros, o pagamento dos tributos poderase domiciliar en calquera caixa de aforros, bancos e demais entidades financieiras
❗Transcurrido o prazo voluntario, as débedas faranse efectivas pola vía de constrinximento e serán esixibles as recargas do período executivo e os xuros de demora correspondentes
🖇️ Tedes toda a información no taboleiro de anuncios da web do concello:
https://vilalba.sedelectronica.es/board