✅ A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, asinou co presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, o convenio de colaboración que permitirá renovar o firme nos accesos ao barrio das Fontiñas e na rúa do Rego, así como construír un novo parque infantil no Campo da Feira e remodelar o de Rosalía de Castro.
👌 Tras as xestións realizadas coa Deputación por parte de Marta Rouco, a alcaldesa acadou unha achega de 260.000 euros, cos que tamén se adquirirán dúas canastras para o CEIP Mato Vizoso e un vehículo para o servizo eléctrico municipal.
✍️ “Agradezo a receptividade do presidente da Deputación ás demandas de Vilalba. Estes proxectos servirán para mellorar a vida diaria dos nosos veciños e veciñas, reforzando por unha parte a accesibilidade e a seguridade viaria nos accesos ao barrio de Fontiñas e na rúa do Rego, e contando con novos espazos de lecer para as familias”, asegura a alcaldesa.
👍 Na mesma liña fala o presidente da Deputación, que considera que se trata “dun acordo moi importante para a veciñanza de Vilalba, que permitirá facer varias melloras de calidade urbana e adquirir maquinaria que suporá un aforro significativo en mantemento eléctrico municipal”.
🖇️ Máis información: https://deputacionlugo.gal/gl/node/83324