Noticias e alertas

✅ O Concello de Vilalba reforza e consolida os servizos de xestión municipal que presta nos centros educativos no curso...

16/09/2025

✅ O Concello de Vilalba reforza e consolida os servizos de xestión municipal que presta nos centros educativos no curso 2025/26 que comeza hoxe.
👍 Entre as principais novidades, destaca que o servizo de Madrugadores chega por primeira vez ao rural e a apertura nas próximas datas do novo Punto de Atención a Infancia (PAI), con 20 prazas gratuítas de cero a tres anos.
✍️ “Eran dúas demandas das familias de Vilalba que son unha realidade este curso, favorecendo a súa conciliación para que queden a vivir aquí e impulsando políticas que melloran a vida diaria das persoas”, asegura a alcaldesa, Marta Rouco.
O Concello de Vilalba destina un millón de euros a xestionar de forma directa servizos nos centros educativos, “unha prioridade para o goberno local, pero tamén outro exemplo de que o concello asume excesivas competencias impropias que lle deberían corresponder á Xunta, xa que ten as competencias en materia de ensino”, engade Rouco.
⏰ O concello xestiona o citado servizo de Madrugadores en todos os centros de Infantil e Primaria de Vilalba (110 prazas a día de hoxe).
Nas parroquias, xa está operativo no CEIP Terra Chá e o concello ofreceuno tamén no CEIP Monseivane, aínda que polo de agora non se presta por falta de demanda.
O concello ofreceu tamén aumentar o número de prazas do servizo de Madrugadores nos CEIP Mato Vizoso e Ínsua Bermúdez, pero os centros non dispoñen de espazo para o incremento.
"De cada ao vindeiro curso, estudaremos de novo a ampliación no Mato Vizoso e o Ínsua Bermúdez, e volveremos ofrecelo no Monseivane", apunta Rouco.
"Tamén son de xestión municipal o comedor da Escola de Educación Infantil e a Escola Infantil Municipal", explica Paula Vigo, concelleira de Ensino de Vilalba.
Á marxe destes servizos, o Concello de Vilalba destina, entre outras partidas, 70.000 euros ao convenio co Consorcio Galego de Benestar por ter unha escola infantil Galiña Azul en Vilalba, e asume o custo da limpeza e a conserxería de todos os centros (500.000 euros anuais), nos que tamén realiza tarefas de mantemento.
Por último, onte publicouse a concesión por parte do Concello de Vilalba de 121 axudas de material escolar para o alumnado de Infantil.

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies