🌾👒A Liga Santaballesa organiza o sábado 20 de a décimo quinta edición da Feira do #Indiano', que terá lugar na #parroquia de #Santaballa.
Unha cita que busca render homenaxe a todos os/as emigrantes e veciños, que deixaron un valioso legado na nosa terra, segundo destacan desde a organización.
🚴♂️ O programa comezará ás 8:30h coa saída da terceira «Volta Ciclista á Terra Chá 2025», marcha para bicicletas clásicas organizada por Biciclistas Galegos.
⏰️ Ás 11.30h terá lugar a inauguración oficial da feira e, a continuación, unha mesa redonda moderada por Daniel Manuel Vázquez Vila.
📋 Ás 12:30h inaugurase a exposición "Proximidade Llunyana" da Rede Museística Provincial de Lugo xunto con «Nós mesmos» da Asociaciónismo Galego do Consello da Cultura Galega.
🏅 Tras a chegada da marcha ciclista ás 13.00 horas, celebrarase a entrega de premios e un vermú con música caribeña a cargo dos Jímaguas.
🥘 Xa pola tarde, ás 15.00h celebrarase un xantar popular con callos, rapa vella e costela asada, seguido de animación de rúa cos Jímaguas e de xogos populares desde as 17.00 horas.
🎼 A xornada continuará coa actuación musical da Banda de Música de Vilalba ás 18.30 horas, foliada con Toxo Guayaba ás 19.30 horas e unha queimada popular ás 20.30 horas a cargo de Manolo Ferreiro.
🎷 O peche correrá a cargo dunha velada musical nocturna amenizada tamén por Toxo Guayaba.