Noticias e alertas

✅ O Concello de Vilalba informa do remate en outubro das obras de mellora do firme en varias rúas do polígono industrial...

18/09/2025

✅ O Concello de Vilalba informa do remate en outubro das obras de mellora do firme en varias rúas do polígono industrial
📸 A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, e o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Luis Fernández, supervisaron o avance das obras de mellora do firme en varias rúas do polígono industrial.
O concello foi o encargado de facer o proxecto de obra, “moi traballado e deseñado para optar a unha convocatoria de subvencións de concorrencia competitiva da Consellería de Industria, nas que se valoraron por puntos as actuacións”, explica a alcaldesa.
As obras contan cun orzamento de 190.000 euros, dos que 70.000 son fondos propios do concello e 120.000 proceden da suvención acadada. Permitirán renovar o firme e a sinalización nas rúas do Castiñeiro, do Salgueiro e Acivro.
Está previsto que os traballos rematen a mediados de outubro, mellorando o tráfico e a seguridade viaria en rúas moi transitadas por camións e vehículos pesados.
“Con este tipo de actuacións damos resposta ao compromiso acadado coa Asociación de Empresarios para mellorar as dotacións públicas do polígono”, engade Marta Rouco.
Vilalba é tamén considerado 'Concello Emprendedor', o que beneficia con importantes rebaixas fiscais ás empresas de nova creación e ás que xeran emprego.
#alcaldía #polígono #vilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies