Noticias y alertas

🎥 O Concello de Vilalba comezou esta semana as obras de integración dun sistema de sombra na avenida da Terra Chá, a tr...

19/09/2025

🎥 O Concello de Vilalba comezou esta semana as obras de integración dun sistema de sombra na avenida da Terra Chá, a través da instalación de plataformas elevadas nas que se plantarán árbores e se instalarán bancos
✅ Esta ampliación dos espazos naturais de sombra e a dotación de zonas de descanso considérase “estratéxica, xa que na actualidade a rúa conta con tramos de varios centos de metros, incluso con pendente, sen espazos de descanso á sombra, o que xera barreiras de accesibilidade a moitos veciños e veciñas”, afirma a alcaldesa, Marta Rouco, que visitou as obras co concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Luis Fernández.
O estado actual mellorará cunha serie de actuacións que incluirán “a colocación de cuatro depósitos de recollida de auga e un muro perimetral de suxeición en cada plataforma, a creación de zonas elevadas con céspede, a plantación de catorce árbores e a colocación de sete bancos de madeira para o descanso na superficie central das plataformas”, engade Luis Fernández.
O proxecto conta cun orzamento de 45.888 euros e o 80% será subvencionado pola Consellería de Medio Ambiente, "a través dunha liña de axudas de concorrencia non competitiva á que presentamos o proxecto en tempo e forma para poder conseguir a achega”, sostén a alcaldesa.
“Esta actuación é un novo proxecto de adecuación dos espazos público no casco urbano, dentro da nosa aposta para recuperar o protagonismo para as persoas e mellorar a accesibilidade”, remata Marta Rouco
#alcaldía #infraestruturasurbanas #vilalba

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies