✅ O persoal da Brigada de Obras e Servizos Municipais, baixo a xestión da Alcaldía e a concellería de Servizos, traballa cada día no acondicionamento do noso concello, dando resposta ás demandas veciñais.
⚒️ A semana pasada realizáronse entre outras actuacións:
👉 Traballos de posta a punto de zonas verdes e xardíns municipais: Guadalupe; praza da Constitución; Avenida de Galicia; rúa da Emigración; rúa Basanta Silva; Alameda, San Roque; escola infantil municipal; Alto da Forca; xardín do Emigrante, e praza de Suso Gayoso.
👉 Mantemento dos alcorques e xardiñeiras da travesía dos Castros e a avda. Terra Chá.
👉 Desbroce do campo da festa e a contorna da Escola de Carballido. Traslado de vallas.
👉 Traslado de material (caseta e expositores) para a celebración da Festa Indiana da Liga Santaballesa.
👉 Arranxos na ponte da Ribeira.
👉 Traballos varios de reposición e limpeza na travesía dos Pasos.
👉 Desbroce e acondicionamento do punto de recollida de plásticos agrícolas en Goiriz.
👉 Colocación e reposición de sinais: Ínsua, Nete, Campelos (Corvelle), e praza de abastos.
👉 Retirada de enseres do CEIP Ínsua Bermúdez e doutras dependencias municipais.
👉 Colaboración no desenvolvemento da ruta cabalar e a festa dos camións.
👉 Traballos varios de mantemento e reparación no sistema de alumeado municipal.
👉 Traballos de resposta ás incidencias comunicadas a través da Línea Verde.
Grazas!