Noticias y alertas

✅ O pleno ordinario do Concello celebrarase mañá, xoves 25 de setembro, ás 18:00 horas na Casa da Cultura e terá como or...

24/09/2025

✅ O pleno ordinario do Concello celebrarase mañá, xoves 25 de setembro, ás 18:00 horas na Casa da Cultura e terá como orde do día:
➡️ Modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa da rede de sumidoiros.
➡️ Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación do servizo de subministración de auga.
➡️ Proxecto de renovación do firme do vial de acceso ao Grupo La Paz.➡️ Proxecto de obra para o aforro e a eficiencia enerxética do alumeado público no parque empresarial de Vilalba.➡️ Declaración institucional: "Catástrofe humanitaria en Gaza".
➡️ Moción do BNG sobre a recente vaga de lumes que asolou o noso país e proposta de medidas para evitar que se repita esta catástrofe. ➡️ Moción do BNG de condena ao xenocidio perpetrado polo estado de Israel en Palestina.
➡️ Moción do BNG para a defensa do sistema público de atención á dependencia e para a mellora do servizo de axuda no fogar.
➡️ Rogo do Grupo Municipal Popular dirixido á dotación dos servizos necesarios para evitar ou minimizar os danos en caso de incendio de calquera das naves do polígono empresarial.
➡️ Rogo do BNG para o restablecemento da salubridade na zona adxacente á rúa Porta de Cima.
➡️ Preguntas presentadas polo Grupo Municipal do Partido Popular.
➡️ Preguntas presentadas polo Bloque Nacionalista Galego.
📲 A sesión poderá seguirse en directo na canle de Youtube do Concello: https://youtube.com/live/xJvi2IZYwxs
#alcaldia #pleno #propostas #gobernolocal #concellodevilalba

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies