Noticias e alertas

🌱 Hoxe presentamos o programa “Naturalmente en galego”, unha iniciativa da man dos concellos de Muras e Xermade para fo...

25/09/2025

🌱 Hoxe presentamos o programa “Naturalmente en galego”, unha iniciativa da man dos concellos de Muras e Xermade para fomentar o uso do galego na etiquetaxe de produtos alimenticios.
🙌 A alcaldesa, Marta Rouco, destacou que “é un programa que une lingua, territorio e produción sostible, cun gran valor para o noso rural”.
🗣️ A través desta iniciativa a asociación A Estruga impartirá tres charlas informativas en cada un dos concellos participantes dirixidas a produtores, futuros produtores ou calquera persoa que teña interese na temática.
📅 A primeira cita será este venres 26 de setembro ás 11:00 na Praza de Abastos de Vilalba, cunha charla sobre horta.
🔜 Ademais, haberá outras dúas: o 1 de outubro en Muras, ás 18:00 na Casa do Médico, centrada na apicultura, e o 2 de outubro en Xermade, ás 18:00 na Nave Municipal do Polígono, dedicada á horta, ovellas, ovos e apicultura.
👉 Anímate a participar! A entrada é libre, sen inscrición e gratuíta para todo o público.
#alcaldia #promociondalingua #naturalmenteengalego #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies