✅ O Concello de Vilalba reforzará o Servizo de Madrugadores co que comezou o curso escolar 2025/26 para dar resposta ás novas demandas das familias.
👉 O concello xa iniciara o curso cun aumento de prazas, ata as 110, chegando ademais por primeira vez a un colexio do rural, o CEIP Terra Chá (no CEIP Monseivane ofertouse tamén, pero non hai polo momento suficiente demanda).
👌 Agora, dando resposta ás últimas demandas das familias, modificará o contrato para ofertar 20 prazas máis de Madrugadores no CEIP Mato Vizoso, das que 11 xa se solicitaron e están en lista de agarda.
👍 Por outra parte, na Escola de Educación Infantil de Vilalba haberá un terceiro monitor para atender de forma correcta ao alumnado con necesidades especiais.
✍️ “As medidas de conciliación melloran a vida diaria dos veciños e veciñas e fan posible que se queden a vivir en Vilalba”, asegura a alcaldesa, Marta Rouco, “e no caso do servizo de Madrugadores, permiten que as nais e os pais poidan chegar aos seus postos de traballo”.
📌 O Concello de Vilalba destina un millón de euros a xestionar de forma directa servizos nos centros educativos, a pesares de que as competencias do ensino público son da Xunta de Galicia.
#alcaldía #conciliación #vilalba