🔙 O pasado sábado, 20 de setembro, o noso Concello sumouse á Semana Mundial das Enfermidades Mitocondriais iluminando de verde os espazos emblemáticos do casco urbano.
💚 Unha enfermidade xenética pouco coñecida, con poucos tratamentos efectivos e sen cura, que a Asociación Española de Patologías Mitocondriales visibiliza a través do evento #lightupformito.
🤝🏼 Esta semana continuamos co noso compromiso sumándonos ao proxecto "Luces que inspiran: España Ilumina la Retina", impulsado pola Asociación de Distrofias Hereditarias de Retina de España e a Fundación Lucha Contra la Ceguera.
🟢🔵 Este domingo, 28 de setembro, conmemoraremos o Día da Retina iluminando en verde e azul os espazos públicos emblemáticos da nosa vila.
ℹ️ Un xesto simbólico para apoiar ás persoas afectadas, fomentar o diagnóstico precoz, impulsar a investigación e promover unha atención axeitada.
#alcaldia #diadelaretina #concellodevilalba