Noticias y alertas

⚠️ Este domingo, 5 de outubro, a rúa de acceso ao campo da feira dende a Avenida Terra Chá permanecerá pechada ao tráfic...

30/09/2025

⚠️ Este domingo, 5 de outubro, a rúa de acceso ao campo da feira dende a Avenida Terra Chá permanecerá pechada ao tráfico rodado e de peóns de 11:00 a 12:30 debido ás labores de montaxe da pista que precisan as seleccións de España e Portugal para adestrar e disputar o seu partido preparatorio para o Mundial de Filipinas no pavillón municipal.
👉 Os postos da feira que normalmente se instalan nesta zona serán trasladados a outra área dentro do propio campo da feira, para que todos e todas poidades gozar dela con normalidade.
🚚 A pista, a única destas características da que dispón a federación, chega directamente dende Málaga o domingo e debe quedar lista ese mesmo día pola tarde, cando a selección española xa realizará o seu primeiro adestramento en Vilalba.
🙏 Pedímosvos comprensión e desculpas polas molestias que esta medida poida causar. É unha oportunidade única para acoller un evento deportivo internacional no noso concello, que tamén situará a Vilalba no mapa deportivo.
#alcaldia #deportes #feirasemercados #aviso #domingodefeira #concellodevilalba

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies