✅️ ️O Concello renova por completo o vial que une #Belesar e #Cazás. O Vicealcalde Modesto Renda contrastou coa veciñanza da parroquia o resultado dunha actuación que tivo un custe de 10.943,24€.
ℹ️ Concretamente, actuouse sobre toda vía ata o límite con Xermade, co recargo e a nivelación das capas base e á súa pavimentación mediante dobre rega asfáltica en toda a superficie.
➕️ Ademais a obra incluíu a limpeza de #cunetas co fin de aumentar a vída útil do vial.
✅️ Un novo proxecto de #mellora na rede viaria do #rural vilalbés que deixa completamente renovado un dos viais en peor estado do termo municipal.
🗣✍️ "Esta obra era un compromiso adquirido coa veciñanza de Belesar,pois fixouse como prioridade na última reunión celebrada na parroquia" declarou Modesto Renda.
#InfraestruturasRurais #Vicealcaldía #Vilalba