Noticias e alertas

✅ O persoal da Brigada de Obras e Servizos Municipais, baixo a xestión da Alcaldía e a concellería de Servizos, traballa...

07/10/2025

✅ O persoal da Brigada de Obras e Servizos Municipais, baixo a xestión da Alcaldía e a concellería de Servizos, traballa cada día no acondicionamento do noso concello, dando resposta ás demandas veciñais.
⚒️ A semana pasada realizáronse entre outras actuacións:
👉 Traballos de desbroce en varios viais de comunicación, accesos ao polígono industrial, campo da festa e contorna en Ladra (Festa dos Remedios), e tramo ata Boizán da estrada N634.
👉 Limpeza de arquetas na rúa Pepe Apenela.
👉 Arranxos varios no CEIP Terra Chá, e de plaquetas e outros desperfectos en distintas beirarrúas, xardín da rúa do Estudiante, etc.
👉 Tarefas de segado de zonas verdes na rúa e xardín da Emigración, rúa Basanta Silva, rúa Pepe Apenela, área recreativa da Madalena e campo de rugbi.
👉 Desatasco da canalización na fonte da madalena.
👉 Colocación de Bolardos.
👉 Limpeza dunha taxea en Goiriz
👉 Arranxo do firme da pista de Lobán.
👉 Retirada dunha cepa nunha pista do Foxo (Samarugo).
👉 Traslado do punto limpo a Boizán (ata o día 10).
👉 Retirada das mandalas (ornamento das festas patronais).
👉 Pintado das prazas de aparcadoiro reservado.
👉 Colocación de bancos na praza de San Xoán.
👉 Substitución de luminarias e arranxos varios na rede eléctrica municipal.
👉 Atención a incidencias varias comunicadas a través da Línea verde.
Grazas!

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies