🚺 Vilalba colleita igualdade!
Con motivo do Día Internacional da Muller Rural (15 de outubro), o Concello organiza dúas actividades para recoñecer e poñer en valor o papel das mulleres no noso rural:
🗓️ Mércores, 15 de outubro | 20:00 | Casa da Cultura
🟣 Mesa aberta “Vilalba colleita igualdade”
🗣️ Con Rosa Arcos (FADEMUR), Lourdes Otero (Asoc. Mulleres Rurais de Insua), Lupe Prado (Agarimo Santaballa) e Amanda López (A Estruga).
➡️ Falaremos do papel da muller no rural, dos retos e do futuro.
📸 Ademais, abrimos a convocatoria para a exposición fotográfica “Muller Rural: Revela a súa forza”, unha homenaxe a todas as mulleres que sosteñen a nosa terra.
Envía a túa foto do 13 ao 17 de outubro a 👉 ax.igualdade@vilalba.es
💜 Participa e axúdanos a visibilizar o traballo, a forza e a esencia das mulleres rurais de Vilalba.
#alcaldia #concelleriaigualdade #diadamullerrural #concellodevilalba