‼️ AVISO IMPORTANTE ‼️
Con motivo da celebración da carreira VII Nocturna San Ramón, mañá sábado, 11 de outubro, haberá restricións de tráfico nas rúas polas que discorre o percorrido da proba deportiva.
🚫 De 20:30 a 22:00 horas estará prohibida a circulación (incluída a entrada e saída de garaxes) nas seguintes rúas: Rúa Nova, Rúa de Galicia, Avenida de Lugo, Praza da Constitución, Rúa Basanta Silva, Rúa Foz, Rúa Muras, Rúa Campo de Puente, Rúa da Pravia, Rúa García Mato, Rúa Plácido Peña, Rúa Cotarón, Rúa Pepe Guntín, Rúa das Pedreiras e Rúa da Ferrería.
🚗 De 19:00 a 22:00 horas, ademais, prohíbese a circulación e o estacionamento (incluída a entrada e saída de garaxes) nas rúas Basanta Silva, Porta de Cima, Praza de Santa María e Rúa Nova.
ℹ️ Agradecemos a comprensión e colaboración de toda a veciñanza. Estas medidas son imprescindibles para garantir a seguridade dos participantes e do público durante a celebración desta cita deportiva.
🙏 Desculpade as molestias que poidan ocasionarse.
#alcaldia #deportes #viisanramon #concellodevilalba