Noticias e alertas

📢 DO 22 AO 31 DE OUTUBRO: aberto o prazo de solicitude de praza no novo Punto de Atención á Infancia (PAI) de Vilalba....

20/10/2025

📢 DO 22 AO 31 DE OUTUBRO: aberto o prazo de solicitude de praza no novo Punto de Atención á Infancia (PAI) de Vilalba.
📝 As solicitudes presentaranse:
👉 A través da sede electrónica do Concello de Vilalba.
👉 Presencialmente no departamento de Servizos Sociais.
‼️ Documentación necesaria:
🅰️ Para nenos e nenas empadroados en Vilalba que figuren na lista de agarda da Escola Infantil Galiña Azul ou da Escola Infantil Municipal deberán achegar:
➡️ Fotocopia do DNI do pai, nai ou representante legal.
➡️ Fotocopia do libro de familia.
➡️ Declaración da renda do exercicio 2023 ou autorización para consulta de datos da Axencia Tributaria.
🅱️ Para nenos e nenas que non figuren na lista de agarda deberán presentar, ademais:
➡️ Xustificación da situación laboral dos proxenitores.
➡️ Documentación, se procede, que acredite circunstancias valorables no baremo de adxudicación de prazas das escolas infantís da Xunta de Galicia.
ℹ️ Máis información no departamento de Servizos Sociais do Concello de Vilalba ou no 📞 982 523 032.
❤️ Conciliación, coidado e servizos públicos de calidade para unha Vilalba que medra pensando nas familias.
#alcaldia #conciliacion #familias #pai #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies