🛠️ O persoal da Brigada de Obras e Servizos Municipais, baixo a xestión da Alcaldía e a concellería de Servizos, traballa cada día no acondicionamento do noso concello, dando resposta ás demandas veciñais. 
 ✅ A semana pasada realizáronse, entre outros, os seguintes traballos: 
 👉 Traballos de acondicionamento na área recreativa da Madalena e no paseo fluvial
 👉 Arranxos no peche perimetral no CEIP Mato Vizoso, na beirarrúa da rúa Carmiña Prieto Rouco e no cemiterio municipal.
 👉 Colocación de sinais en zonas de aparcadoiro reservado.
 👉 Reposición de adoquíns na praza de Suso Gayoso.
 👉 Sinalización de desniveis en tramos peonís.
 👉 Arranxo e desatasco en arquetas de pluviais.
 👉 Transporte dun elevador para reparacións no CEIP Mato Vizoso.
 👉 Desbroces en zonas verdes: paseo fluvial, xardíns de Quart de Poblet, rúa das Pedreiras e tras do Poxigo, etc.
 👉 Plantación de árbores na rúa Benxamín Paz.
 👉 Segado de herba nos xardíns da Escola Infantil Municipal e da Galiña Azul, nas rúas Basanta Silva e da Emigración.
 👉 Recolocación de sinais.
 👉 Traballos varios de reposición de luminarias e outras tarefas na rede eléctrica municipal.
 👉 Traballos varios en atención ás incidencias comunicadas pola Línea Verde.
 Grazas!