📸 A escritora Eva Mejuto recibiu en Vilalba o oitavo premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade pola súa obra ‘Queco e Kika’.
✅ Na gala de entrega do premio, a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, recomendou a lectura da obra gañadora, “que fala con humor da amizade, o amor e a convivencia entre os seus protagonistas: Sara, Lara e os seus cans, Kika e Queco”.
“Este premio consolídase ano a ano como unha referencia na literatura infantil e xuvenil en galego. Como vilalbeses, é ademais a nosa responsabilidade manter vivo o legado de Agustín Fernández Paz para que continúe a creación literaria infantil e xuvenil”, engadiu.
✅ A alcaldesa destacou o labor das dúas entidades que, coa colaboración do Concello de Vilalba, impulsaron este certame de narrativa infantil e xuvenil: o Instituto de Estudos Chairegos e a Editorial Xerais.
👏 Na gala actuaron a Asociación Cultural Andrade; o alumnado da Biblioteca Agustín Fernández Paz do Insttuto Basanta Silva; o minicoro da Escola Municipal de Vilalba, e o alumnado de Escola Municipal de Teatro.