🛠️ O persoal da Brigada de Obras e Servizos Municipais, baixo a xestión da Alcaldía e a concellería de Servizos, traballa cada día no acondicionamento do noso concello, dando resposta ás demandas veciñais. 
 ✅ A semana pasada realizáronse, entre outros, os seguintes traballos: 
 👉 Tarefas de desbroce ni paseo fluvial, accesos ao campo da festa de San Simón da Costa e vial Goiriz-Samarugo (entrada á autovía).
 👉 Extracción de cepas nos terreos do CEIP Terra Chá de Román.
 👉 Retirada de vexetación no CEIP Mato vizoso e no peche do CEIP Ínsua Berrmúdez.
 👉 Arranxo dos bancos na rúa Campo de Puente.
 👉 Transporte e montaxe dos expositores para a celebración da XVII Tasca do Lixo de Ínsua. 
 👉 Traballos de acondicionamento nas instalacións do campo de fútbol de herba artificial da Madalena.
 👉 Retirada de árbores caídos en varios viais.
 👉 Poda de árbores na beirarrúa de Quart de Poblet.
 👉 Arranxo de bolardos na rúa do Estudiante. 
 👉 Arranxos no CEIP Terra Chá de Román.
 👉 Traballos de xardiñería nas Pedreiras, rúa do Emigrante, As Fontiñas, etc.
 👉 Limpezas, arranxos  e desatascos de arquetas e conducións de augas pluviais.
 👉 Actuacións de limpeza e posta a punto no cemiterio municipal.
 👉 Traballos de reposición e mantemento da rede eléctrica municipal.
 👉 Accións derivadas das comunicacións a través da APP Línea Verde.
 Grazas!