Noticias e alertas

🏭 O responsable de Desenvolvemento #Industrial e Vicealcalde de Vilalba, Modesto Renda, anunciou hoxe a saída á venda d...

29/10/2025

🏭 O responsable de Desenvolvemento #Industrial e Vicealcalde de Vilalba, Modesto Renda, anunciou hoxe a saída á venda das 6 parcelas de titularidade municipal que o Concello ten no Polígono.
ℹ️👉 Acompañado polo Presidente da Asociación dos Empresarios Vilalba, Renda explicou todos os detalles do novo proceso de poxa impulsado polo Concello.
🗣 "Queremos dar todas as #facilidades e máis ás empresas para que se instalen en #Vilalba, e é por isto que animamos ás empresas e autónomos/as interesados a presentar as súas ofertas e poñer a producir dunha vez estes 7.000m2 de chan de uso industrial", declarou.
📙💶 PREZOS E SUPERFICIE DAS PARCELAS 👇
ℹ️ As parcelas suman en conxunto 7.028 metros cadrados e a fórmula elixida para a venda volverá ser a subasta. “A máis grande é de 1.052 metros cadrados de superficie edificable e as dúas máis pequenas de 860,80” explicou o Vicealcalde, quen lembrou que e as ofertas deberán presentarse dentro do “prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación do anuncio no B.O.P" (ata o 1 de decembro de 2025).
ℹ️ Así, engadíu, “O prezo #mínimo de partida é de 48,80€ o metro cadrado máis IVE” pois, os prezos que se establecen teñen o carácter de mínimos, de modo que non se adxudicará ningunha parcela por un prezo inferior, e encóntranse estipulados conforme a taxación que obra no expediente, efectuada a mesma conforme as determinacións do artigo 77 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.
🗒 OBRIGAS DO/A ADQUIRINTE 👇
O adquirinte obrígase a edificar, e a ter implantada a actividade especificada na memoria que figura na correspondente documentación administrativa, con todos os permisos e licenzas no prazo de tres anos.
Por último e no tocante ao tempo de mantemento en funcionamento da actividade posta en marcha (dende a notificación da licenza de actividade) as bases fixan un período mínimo como blindaxe fronte á especulación; pero o Concello poderá autorizar o cese ou o cambio da actividade antes de que finalice o prazo, sempre que se acrediten #causas que o xustifiquen.
📲 Toda a información no #PerfilDoContratante na web do Concello ➡️ www.vilalba.gal.
#Vicealcaldía #DesenvolvementoIndustrial #Vilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies