📢 AVISO IMPORTANTE SOBRE A FEIRA DE GANDO
ℹ️ Mañá, domingo 2 de novembro, non se celebrará a feira de gando (ovino, porcino e cabrún) na feira mensual, en cumprimento da disposición publicada pola Consellería do Medio Rural no DOG nº 207 do 27/10/2025.
➡️ Esta suspensión forma parte das medidas sanitarias cautelares adoptadas para previr a entrada da dermatose nodular contaxiosa en Galicia.
‼️ A dermatose nodular contaxiosa é unha enfermidade vírica de alta difusibilidade, que pode causar importantes prexuízos nas explotacións afectadas e ao conxunto do sector bovino dun territorio onde se detecte a súa presenza.
❌ Por este motivo, acórdase suspender temporalmente todas as feiras, concursos, certames, poxas, mercados e concentracións de animais en todo o territorio galego.
🙏🏽 Agradecemos a vosa comprensión e pedímosvos desculpas polas molestias ocasionadas.
#alcaldia #feirasemercados #feiradegando #concellodevilalba