Noticias e alertas

🛠️ O persoal da Brigada de Obras e Servizos Municipais, baixo a xestión da Alcaldía e a concellería de Servizos, trabal...

04/11/2025

🛠️ O persoal da Brigada de Obras e Servizos Municipais, baixo a xestión da Alcaldía e a concellería de Servizos, traballa cada día no acondicionamento do noso concello, dando resposta ás demandas veciñais.
✅ A semana pasada realizáronse, entre outros, os seguintes traballos:
👉 Tarefas de desbroce nos accesos ao campo da festa de Belesar, paseo fluvial do Madalena e outras zonas do concello.
👉 Limpeza e desatasco das canaletas de augas pluviais na praza da Constitución.
👉 Poda e retirada de polas na contorna da estación de autobuses e o paseo fluvial.
👉 Traballos varios de acondicionamento no cemiterio municipal.
👉 Traballos de posta a punto para a celebración dos actos do Samaín.
👉 Limpeza de cunetas e taxeas na parroquia de Boizán.
👉 Actuacións de xardinería en zonas verdes e instalacións deportivas: campo de rugbi da Madalena, as Fontiñas, rúa da Emigración, Basanta Silva e do Estudiante, Pepe Apenela, Calvario e Travesía dos Castros, parque Rosalía de Castro e praza de Suso Gayoso, etc
👉 Actuacións varias de reparación no paseo fluvial.
👉 Preparativos para a celebración da I feira do libro de segunda man.
👉 Colocación de tubos de drenaxe e taxea en Tardade.
👉Actuacións de mantemento na rede eléctrica municipal.
👉 Accións derivadas da comunicación de incidencias mediante a app Línea Verde.
Grazas!

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies