🎹 As Concelleiras Mónica González e Maria Xose Fernandez e o Vicealcalde Modesto Renda acaban de presentar unha nova proposta cultural para este sábado 15 de novembro.
🤗🎷🎸 Trátase do concerto da 'Mike Ross Band' e de 'Zålomon Grass'. Un espectáculo que traerá a Vilalba o mellor blues de raíces americanas e que permitirá á veciñanza presenciar unha innovadora proposta de hard blues, vintage rock e sicodelia.
ℹ️ Será ás 21:30h (‼️ e de #balde) na entrada do Auditorio Municipal. Unha oportunidade única de desfrutar dun artista que dende o nordés británico natal, destilou a esencia do rock e o blues do sur profundo e a costa oeste de Estados Unidos e foi capaz de levar aos oíntes de medio mundo a unha viaxe aural e do corazón da lenda estadounidense.
E unha oportunidade única tamén de desfrutar do afamado 'power trío' de hard blues, vintage rock e sicodelia, fundado a principios de 2020 durante a pandemia
#ConcelleríaDeCultura #Vicealcaldía #Vilalba