Noticias e alertas

🛠️ O persoal da Brigada de Obras e Servizos Municipais, baixo a xestión da Alcaldía e a concellería de Servizos, trabal...

11/11/2025

🛠️ O persoal da Brigada de Obras e Servizos Municipais, baixo a xestión da Alcaldía e a concellería de Servizos, traballa cada día no acondicionamento do noso concello, dando resposta ás demandas veciñais.
✅ A semana pasada realizáronse, entre outros, os seguintes traballos:
👉 Arranxo das porterías do campo de herba artificial da Madalena.
👉 Arranxo e colocación de sinais informativas para a circulación viaria.
👉 Arranxo dos soportes e dunha varanda no aparcadoiro subterráneo.
👉 Triturado dos restos da poda do paseo fluvial.
👉 Remate do desbroce aos puntos de acopio de plásticos agrícolas de Alba e de Ínsua.
👉 Traballos varios de xardiñería: rúa de San Roque, xardíns do Emigrante, Escola Infantil Municipal e Galiña Azul.
👉 Limpeza de alcorques na avda. Terra Chá.
👉 Reparación e colocación de canaletas na rúa dos Pepes.
👉 Retirada de paneis informativos en distintas localizacións.
👉 Colocación de bolardos na rúa Alcalde Fraga Bello.
👉 Retirada de árbores caídos en pista de Gondaisque.
👉 Poda nos accesos á autovía no vial Goiriz Samarugo.
👉Desbroce do campo da Festa de Román.
👉 Rebacheos en pistas de árbol.
👉 Arranxos varios nos accesos ao polígono industrial.
👉 Retirada de vexeración (edras) nun poste de alumeado público en Gaián.
👉 Tarefas de reposición de puntos de luz e actuacións de mantemento na rede eléctrica municipal.
👉 Actuacións relacionadas coas incidencias comunicadas a través da app Línea Verde.
Grazas!

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies