Noticias y alertas

📸🎄A edil de #Comercio Maria Xose Fernandez e o Vicealcalde Modesto Renda veñen de anunciar a convocatoria dunha nova...

24/11/2025

📸🎄A edil de #Comercio Maria Xose Fernandez e o Vicealcalde Modesto Renda veñen de anunciar a convocatoria dunha nova edición do "Concurso de Escaparates de #Nadal" co obxectivo de promover a actividade comercial e favorecer un ambiente
propio destas festas na nosa vila.
ℹ️➡️ Este concurso está #aberto a todos aqueles establecementos comerciais situados na vila e as parroquias que poderán inscribirse dende hoxe ata as 14:00 horas do día 12 de decembro, a través do correo electrónico: cultura@vilalba.es cubrindo a folla de inscrición que estará dispoñible na web do concello https://www.vilalba.gal/ e na oficina de #Cultura. Nese mesmo correo, indicarán os datos do comercio e achegarán unha única fotografía do escaparate para subilo ás redes.
Os escaparates deberán permanecer decorados a diario dende o 5 de decembro ao 7 de xaneiro de 2025.
ℹ️ O #tema para desenvolver neste concurso será alegórico ao ambiente propio das Festas do Nadal e sempre combinándoo cos produtos propios do establecemento.
ℹ️➡️ Os criterios de #valoración para valorar cada escaparate serán a creatividade, a orixinalidade e a complexidade, a artesanía, o deseño e a calidade, o atractivo comercial e a decoración acorde ao produto de venda.
ℹ️✅️🛍✍️ O xurado determinará os tres mellores escaparates, recibindo un premio de 600€ no caso do primeiro clasificado, de 400 euros no caso do segundo e de 200 euros para o terceiro.
ℹ️➕️ Ademais, concederase un #premio de 100€ para o escaparate máis votado nas redes sociais, compatible co resto de premios.
📲 Descarga aquí as bases e o anexo de dereitos de imaxe 👇
https://www.vilalba.gal/…/o-concello-convoca-un-novo-concu…/
#ConcelleríaDeComercio #Vicealcaldía #Vilalba

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies