🚺 A alcaldesa, Marta Rouco, acompañou hoxe ao alumnado de 3º da ESO do IES Basanta Silva na realización do test do proxecto “Cambia de Bando”, impulsado pola FEGAMP.
ℹ️ Unha ferramenta para medir o grao de crenzas e actitudes machistas e reflexionar en grupo sobre a igualdade, desmontando estereotipos e avanzando cara a unha sociedade máis xusta.
👀 Os resultados deixan unha radiografía clara:
✔️ 61,1% do alumnado amosa unha conciencia en proceso e orientada á igualdade.
⚠️ 38,9% mantén crenzas machistas arraigadas, o que confirma que aínda hai traballo por facer.
📊 Os datos formarán parte dunha mostra global a partir da cal a FEGAMP elaborará un estudo sobre actitudes machistas na mocidade que permitirá deseñar novas accións de sensibilización.
#alcaldia #igualdade #25N #concellodevilalba