🛠️ O persoal da Brigada de Obras e Servizos Municipais, baixo a xestión da Alcaldía e a concellería de Servizos, traballa cada día no acondicionamento do noso concello, dando resposta ás demandas veciñais.
✅ A semana pasada realizáronse, entre outros, os seguintes traballos:
👉 Arranxos e traballos de posta a punto na porta de acceso ao campo de rugbi da Madalena, rúa da Revolta, aparcadoiro da praza da Constitución, taxeas na parroquia de Román, baixantes de augas pluviais no CEIP Mato Vizoso, etc.
👉 Remate do desbroce manual dun camiño na parroquia de Román.
👉 Desbroce mecánico dun camiño en Lanzós.
👉 Limpeza de canaletas de pluviais na praza da Constitución e a contorna da escola Infantil Galiña Azul.
👉 Sinalizacións de incidencias na vía pública e reposición de sinais.
👉 Traballos varios no paseo fluvial (soprado e retirada de follas).
👉 Canalización de augas pluviais na zona da Ventoeira.
👉 Traballos de poda nas árbores da praza da Constitución e na Alameda.
👉 Rebacheo no aparcadoiro do Centro de Saúde.
👉 Apertura de caixa e reafirmado con zahorra de camiño público.
👉 Pintado de vados e espazos nos que non está permitido aparcar.
👉 Outros traballos derivados das incidencias comunicadas a través da Línea Verde.
👉 Reposición de luminarias e arranxos varios na rede eléctrica municipal.
Grazas!