✅ O pleno ordinario do Concello celebrarase mañá, xoves 27 de novembro, ás 18:00 horas na Casa da Cultura e terá como orde do día:
➡️ Proxecto para a adaptación de locais na Biblioteca Municipal para a aula Agustín Fernández Paz.
➡️ Proxecto de obra para a mellora da eficiencia enerxética no Pavillón Municipal de Deportes.
➡️ Proxecto de rexeneración do acceso ao lugar de Gardados, na parroquia de Sancovade.
➡️ Proxecto de obra para a rexeneración e pavimentación de accesos a vivendas dos barrios de Bichicán e Touriño en Lanzós.
➡️ Moción para a proposta do grupo municipal Popular da "Declaración institucional do Concello de Vilalba con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller".
➡️ Moción do grupo municipal Popular en defensa dos traballadores autónomos de Vilalba.
➡️ Rogo do grupo municipal Popular sobre a execución de calidade nas obras do alumeado público nas parroquias de Noche e Sancovade.
➡️ Rogo do BNG sobre a sanidade pública e a precaria situación no PAC de Vilalba.
➡️ Preguntas presentadas polo Grupo Municipal do Partido Popular.
➡️ Preguntas presentadas polo Bloque Nacionalista Galego.
📲 A sesión poderá seguirse en directo na canle de Youtube do Concello.
#alcaldia #pleno #propostas #gobernolocal #concellodevilalba