Noticias e alertas

✨ Arrincamos o Nadal…creando! 🎄 A vindeira semana comezarán os obradoiros de elaboración de decoración do Nadal con ma...

26/11/2025

✨ Arrincamos o Nadal…creando!
🎄 A vindeira semana comezarán os obradoiros de elaboración de decoración do Nadal con materiais reciclables. Un plan perfecto para todas as idades, divertido, sostible e pensado para compartir.
📅 Estaremos de 17:00 a 20:00 en:
📍Belesar, o luns 1 de decembro.
📍Santaballa, o martes 2 de decembro.
📍Carballido, o martes 9 de decembro.
📍Codesido, o mércores 10 de decembro.
📍Goiriz, o xoves 11 de decembro.
ℹ️ A actividade é totalmente gratuíta e non require inscrición previa, así como tampouco levar ningún material; só tes que achegarte á casa escola da parroquia e participar. Os nenos e nenas tamén poden sumarse, sempre que teñan máis de 6 anos e estean acompañados dun adulto.
🔝 A alcaldesa, Marta Rouco, destacou que con esta iniciativa “queremos que o espírito do Nadal se viva tamén no rural, apostando por actividades creativas, sostibles e feitas para gozar en familia”.
#alcaldia #nadalenvilalba #nadal2025 #decoracion #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies