Noticias e alertas

🏫 A alcaldesa, Marta Rouco, e os concelleiros Luis Fernández e Ignacio Criado, visitaron durante estes días os obradoir...

26/11/2025

🏫 A alcaldesa, Marta Rouco, e os concelleiros Luis Fernández e Ignacio Criado, visitaron durante estes días os obradoiros sobre reciclaxe e xestión dos residuos celebrados nos centros educativos do municipio.
♻️ Unha proposta coa que o Concello se sumou á Semana Europea da Prevención dos Residuos, a través dun programa de obradoiros onde as nenas e nenos aprenderon como separar, reducir e reutilizar residuos no día a día.
👧👦 Unha acción que lles permite descubrir que eles e elas poden ser axentes de cambio, levando ás súas casas pequenos xestos que marcan a diferenza. Porque concienciar dende a infancia é avanzar cara a un futuro máis responsable e respectuoso co medio ambiente.
🎁 Ao remate dos obradoiros agasoulle aos nenos e nenas con lápices 100% de papel reciclado e marcapáxina tamén de material reciclado e plantables.
#alcaldia #medioambiente #residuos #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies