Noticias y alertas

✅ O Concello vén de adxudicar a remodelación do parque infantil de Rosalía de Castro, un espazo moi utilizado por famili...

27/11/2025

✅ O Concello vén de adxudicar a remodelación do parque infantil de Rosalía de Castro, un espazo moi utilizado por familias da zona e que necesitaba unha renovación urxente.
🛝 O novo parque contará con pavimento de caucho continuo, valado de madeira e novos xogos: unha casiña infantil e un conxunto con tobogán, randeeira e redes. Retiraranse tamén todos os elementos deteriorados para substituílos por instalacións máis seguras e actuais.
🤝🏼 A actuación finánciase grazas ao convenio impulsado pola Alcaldía coa Deputación de Lugo, que permite seguir mellorando os espazos públicos da vila. Un paso máis para crear zonas de lecer modernas e pensadas para o desfrute dos máis pequenos.
#alcaldia #infraestruturasurbanas #parqueinfantil #remodelacion #concellodevilalba

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies