Noticias y alertas

♻️ Novo servizo de recollida de plásticos agrícolas ‘porta a porta’ ✅ Como xa informamos hai uns días, o Concello de Vi...

27/11/2025

♻️ Novo servizo de recollida de plásticos agrícolas ‘porta a porta’
✅ Como xa informamos hai uns días, o Concello de Vilalba pon en marcha un novo servizo de recollida de plásticos agrícolas ‘porta a porta’
👌 “Desta forma, pretendemos mellorar o servizo de recollida que se lle presta aos veciños e veciñas que xeran plásticos agrícolas”, explica a alcaldesa, Marta Rouco, á vez que “eliminamos os vertedoiros incontrolados de residuos contaminantes e perigosos”.
👀 Nas imaxes desta publicación, tedes toda a información de que cómo será a recollida.
📌 As dúas campañas de recollida de plásticos agrícolas en Vilalba no 2026 serán nas seguintes datas:
👉 Última semana de maio
👉 Última semana de outubro
📱 Os avisos/solicitudes por parte dos produtores de plástico agrícola deberán realizarse nas semanas previas ao inicio das recollidas no teléfono 653 940 988 (Ambigal 360): desde o 1 de maio ata o inicio da primeira recollida e desde o 1 de outubro ata o inicio da segunda recollida.
👍 Grazas pola vosa colaboración!

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies