Noticias e alertas

💡 A Concellería de Infraestruturas Urbanas completa a renovación do alumeado público na rúa Basanta Silva coa instalaci...

05/12/2025

💡 A Concellería de Infraestruturas Urbanas completa a renovación do alumeado público na rúa Basanta Silva coa instalación de 14 novas luminarias LED de maior eficiencia e mellor prestación lumínica.
✅ Esta actuación enmárcase no plan municipal de modernización das infraestruturas urbanas, orientado á redución do consumo enerxético, ao aforro para as arcas municipais e á mellora da calidade dos espazos públicos. As novas luminarias, en liña coa estética da Praza da Constitución, reforzan a seguridade e a comodidade na contorna residencial da rúa.
📌 Seguimos avanzando cara a unha Vilalba máis sostible, accesible e preparada para o futuro.
#alcaldia #infraestruturasurbanas #iluminacion #eficienciaenerxetica #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies