✅ O Concello poñerá en marcha, a partir do 2 de xaneiro, o programa Appolo.
➡️ Que é Appolo? Unha aplicación de xestión policial que permite integrar o control das cámaras de tráfico e videovixilancia, organizar os cuadrantes de persoal, planificar tarefas ou xestionar emerxencias co 112, entre outras funcionalidades.
🔍 Como funciona? Permite ler automaticamente as matrículas dos vehículos nas zonas de vixilancia reforzada, como a rúa da Pravia e o aparcadoiro subterráneo, entre outras. Deste xeito pódese comprobar o tempo de estacionamento ou verificar que os vehículos teñan a documentación en regra, como o seguro ou a ITV.
📱 Ademais das cámaras xa instaladas, os axentes da Policía Local contarán con tablets co mesmo sistema, que poderán empregar no seu día a día para realizar estas comprobacións de forma rápida e eficiente.
ℹ️ As zonas con vixilancia reforzada estarán sinalizadas como áreas videovixiladas. Trátase dunha medida que busca unha vila máis ordenada e segura para a veciñanza e para quen nos visita.
#alcaldia #programappolo #policialocal #concellodevilalba