✅ O persoal da Brigada de Obras e Servizos Municipais, baixo a xestión da Alcaldía e a concellería de Servizos, traballa cada día no acondicionamento do noso concello, dando resposta ás demandas veciñais.
⚒️ A semana pasada realizáronse entre outras actuacións:
👉 Tarefas de reparación de sinais de tráfico.
👉 Arranxo de arquetas na vía pública.
👉 Limpeza de arquetas na rúa Domingo Goas.
👉 Tarefas de soprado de folla no Rañego e a estrada do Coto.
👉 Acondicionamento das xardiñeiras do Auditorio.
👉 Limpeza e arranxo de canaletas.
👉 Poda de vexetación nas beirarrúas.
👉 Limpeza de muro no CEIP Monseivane.
👉 Limpeza da fonte na Magdalena.
👉 Actuación para asegurar un poste con risco de caer.
👉 Arranxo de portas no campo de herba artificial.
👉 Renovación de mobiliario no CEIP Mato Vizoso.
👉 Diversos arranxos na escola infantil.
👉 Desbroce dos gardarraíles na estrada de Samarugo, a carón da autovía.
👉 Remate da poda dos álamos no parque da Escola Infantil Municipal.
👉 Comezo dos traballos de poda dos tilos na avda. Terra Chá
👉 Tarefas de poda no CEIP Monseivane para posterior tala.
👉 Reposición de puntos de luz e traballos de mantemento na rede eléctrica municipal.
👉 Resolución de incidencias comunicadas a través da App Liña Verde.
Grazas!