Noticias y alertas

✅️ O Vicealcalde Modesto Renda vén de anunciar a agardada activación do bolardo electrónico que regulará o tráfico da rú...

18/12/2025

✅️ O Vicealcalde Modesto Renda vén de anunciar a agardada activación do bolardo electrónico que regulará o tráfico da rúa Basanta Silva, tal e como solicitaron o conxunto dos veciños/as residentes.
ℹ️ Logo de varias xuntanzas informativas e máis do remate dos prazos para reparto dos #mandos reguladores do mesmo a #residentes con e sen garaxe, o Concello fixa o inicio da regulación para o vindeiro luns 22 de decembro ás 10:00h.
ℹ️ Ademais, e unha vez rematen as festividades do Nadal, instalarase a nova sinalización vertical e horizontal complementaria da medida cos novos horarios de carga e descarga acordados cos/as comercios da rúa, a reserva de estacionamiento para persoas con mobilidade reducida e mailos bolardos fixos (tamén complementarios) para asegurar o cumprimento das novas normas.
🤝 A medida da peonalización, tomouse de común acordo nunha reunión convocada polo Vicealcalde e responsable de Mobilidade, Modesto Renda, e os veciños/as e residentes foron unánimes no apoio á mesma.
#MobilidadeUrbana #Vicealcaldía #Vilalba

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies