📸 Hoxe recibimos na Casa do Concello ao delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e á subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López.
➡️ Xunto coa alcaldesa, Marta Rouco, e concelleiros do goberno local puideron coñecer o avance das obras de reforma do edificio municipal financiadas a través do PIREP local.
🏛️ Cun investimento de máis de 1,1 millóns de euros, esta actuación permitirá contar cun Concello máis eficiente enerxeticamente, accesible e funcional, con paneis solares, iluminación LED, mellora da envolvente e adaptación dos espazos para todas as persoas.
♻️ A Casa do Concello camiña cara a ser un edificio case autosuficiente, reducindo o consumo enerxético e o gasto municipal, e mellorando a atención á veciñanza.
👉 Seguimos traballando para construír unha Vilalba máis sostible, moderna e pensada para o futuro.
#alcaldia #reforma #casadoconcello #pireplocal #concellodevilalba